24 de setembro de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BAIONA

 


Home / O PSdeG-PSOE de Baiona / O Partido Socialista de Baiona non enten

O Partido Socialista de Baiona non entende como cuestións tan importantes como a xestión do servizo da auga de Baiona se resolvan con tan pouco rigor e de xeito tan precipitado.

Considerando prioritaria a adxudicación “express” a unha empresa determinada, ao estudo e valoración serena das necesidades reais dos veciños e veciñas e da cuestións técnicas do propio procedemento.

 

16/07/2015

 

En data l4/4/20l5 o Pleno da Corporación adxudica a ESPINA YDELFIN SL contrato de concesión administrativa para a prestación do servizo público vinculado ao ciclo integral da auga do Concello deBaiona

En data 25 de abril de 2015 GESTAGUA interpón recurso especial en materia de contratación, o cal é admitido a trámite polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais

 

 O Tribunal Administrativo Central de Recursos resolve o 29/05/2015: "Estimar o recurso especial interposto por GESTAUGA contra o acordo polo que se adxudica o "contrato de concesión administrativa para a explotación do ciclo integral da auga, do Concello de Baiona," á empresa ESPIÑA Y DELFIN SL anulándoo e ordenando a retroacción das actuacións co fin de que poida realizarse nova valoración das proposicións presentadas que teña en conta a necesaria exclusión de todas aquelas que non cumpran o previsto no Prego"

En pleno período electoral o goberno local saca a concurso a concesión da auga cunha duración de 20 anos. Cuestión que no seu momento criticamos, xa que dende o Partido Socialista defendemos a xestión pública da auga, coa correspondente redución do custo do recibo para os veciños e veciñas. Tamén criticamos a adxudicación desta concesión millonaria en datas tan próximas a unhas eleccións locais.

O resultado do devandito concurso foi a adxudicación á empresa Espiña e Delfín por un período de 20 anos e un importe de 47 millóns de euros.

Curiosamente  mes e medio despois das eleccións reúnese de novo a mesa de contratación, para dar conta da resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos, e proponse por parte do goberno local e con informes técnicos favorables excluír á empresa Espiña e Delfín do concurso.


Independentemente das consideracións técnicas que xustifiquen este cambio, dende de lo PartidoSocialista preguntámonos:

- Que motivos había para sacar a concurso público en pleno período electoral unha concesión tan importante, tanto pola contía económica coma pola repercusión na economía dos veciños e comerciantes e non se optou por prorrogar temporalmente a concesión e que fose a nova corporación a que tomara as decisións ao respecto?


 

- A que responde que os mesmos que hai uns meses valoraron aspectos que foron decisivos para outorgar a adxudicación hoxe non os consideren como tal e provoquen unha exclusión tan radical da mencionada empresa?

O Partido Socialista de Baiona non entende como cuestións tan importantes como a xestión do servizo da auga de Baiona se resolvan con tan pouco rigor e de xeito tan precipitado. Considerando prioritaria a adxudicación “express” a unha empresa determinada, ao estudo e valoración serena das necesidades reais dos veciños e veciñas e da cuestións técnicas do propio procedemento.

LAMENTABLE!!!!

 

 

 

Asdo. Rafael Lores Rosal

Portavoz Municipal do Grupo Socialista

 

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Marqués de Quintanar, n° 39, bajo - Baiona (Pontevedra)
E-mail: baiona@psdeg-psoe.org, gmsocialista.baiona@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera