21 de xullo de 2017

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE BAIONA

 


Home / Actos / Novas / Candidato / Lores esixe a Almuíña que garanta o dere

Candidato

Lores esixe a Almuíña que garanta o dereito dos escolares baioneses a gozar de comedores escolares de xestión pública.

As distintas ANPAS do concello de Baiona están a realizar durante os últimos anos un esforzo de xestión dos comedores escolares moito máis alá dos seus obxectivos como asociación.

 

25/03/2015

 

 As distintas  ANPAS  do  concello  de  Baiona  están a realizar durante os últimos anos un esforzo de xestión dos comedores escolares moito máis alá dos seus obxectivos como asociación. Pero a falta de xestión da  Consellería  e a falta de interese do  alcalde  e equipo de goberno obriga as  ANPAS  a asumir as responsabilidades que lle corresponden á administración autonómica e local.

 

Dende o Partido Socialista queremos recoñecer o traballo e o labor das nais e pais que están a garantir o funcionamento dos comedores escolares en  Baiona.

 

Recentemente a  Consellería  de Educación  citou ás representacións dos centros educativos do  Concello  para informalos dos requisitos necesarios para entrar, no próximo curso,  dentro da rede dos comedores escolares da   Xunta.  As condicións que esixe a  Consellería  impiden o funcionamento dos comedores, xa que non se garante o seu uso a todo  o alumnado de  Baiona. A Consellería, lonxe de facilitar o labor, aboca as asociacións a asumir novamente a xestión deste servizo.

 

Tampouco a administración local está a acompañar ás nais e pais do os centros educativos nesta xusta demanda. Non se coñece ningunha xestión directa do alcalde ou membros do equipo de goberno no sentido de garantir que os alumnos de  Baiona  poidan facer uso, no próximo curso, deste servizo.

 

O Partido socialista de  Baiona  esixe ao alcalde de  Baiona  que asuma a responsabilidade de garantir o dereito dos alumnos e alumnas de  Baiona  a gozar de comedores escolares de xestión pública como o teñen os alumnos e alumnas dos  concellos limítrofes, o que  suporía un abaratamento do servizo e a posibilidade de acollerse ás reducións que contempla o Decreto 132/2013

 

 

 

Rafael Lores Rosal

 

Candidato a alcaldía de Baiona

 

Arquivo Adxunto:

Descargar

 

 

 

 

PSdeG-PSOE, Marqués de Quintanar, n° 39, bajo - Baiona (Pontevedra)
E-mail: baiona@psdeg-psoe.org, gmsocialista.baiona@gmail.com
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera