Home / O PSdeG-PSOE de Baiona / Mocións e Alegacións / MOCIÓN SOBRE AS FACTURAS PENDENTES E O F
MOCIÓN SOBRE AS FACTURAS PENDENTES E O FONDO ANTICRISE
O descenso da actividade económica a tódolos niveis, a contracción do consumo e as dificultades de financiación que lles impiden obter liquidez, fan que as empresas e autónomos estean a pasar moi serias dificultades para manter as súas empresas e por conseguinte o emprego.
|
08/05/2009
O Grupo Municipal Socialista, en base ó disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta esta MOCIÓN EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A situación económica actual, inmersa nunha crise globa,l fai que dous colectivos estean a ser os principais perxudicados nesta situación: As pequenas e medianas empresas e os autónomos As familias que poden ter a tódolos seus membros no desemprego. O descenso da actividade económica a tódolos niveis, a contracción do consumo e as dificultades de financiación que lles impiden obter liquidez, fan que as empresas e autónomos estean a pasar moi serias dificultades para manter as súas empresas e por conseguinte o emprego dos seus traballadores. O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE aplaude as medidas levadas a cabo dende o Goberno do Estado como o Plan “E”, Liñas ICO liquidez e Moratoria, Devolución mensual do IVE, etc, etc. Medidas que xa no pasado mes de Abril estanse a ver os resultados cun cambio de tendencia nos niveis de desemprego, e cun reponte no emprego do sector industrial.
O Grupo Municipal do PSdeG-POSE tamén apoia e respalda as actuacións de axuda a economía postas en práctica pola Xunta de Galicia, fundamentalmente dende o IGAPE, e apoiará tamén as anunciadas polo novo Goberno de Galicia, do Sr. Feijoó. O baixo nivel de endebedamento deste Concello, fai que o marxe de manobra sexa amplo para poder tomar medidas de apoio e axuda, nuns momentos de necesidade económica das empresas e familias baionesas. En Baiona chegamos a 1.200 parados dacordo a EPA, máis de 300 fogares teñen a tódolos seus membros no desemprego, ademais un 25% dos desempregados inscritos na oficina de emprego non percibe ningún tipo de prestación. Dende este Grupo, consideramos que as Administracións Locais deben xogar un papel determinante nesta axuda, e complementar as políticas de apoios doutras administracións, con tódolos medios ó seu alcance e sen cortapisas. O Grupo Municipal Socialista somete á consideración do Pleno esta MOCIÓN, para que este adopte os seguintes ACORDOS: 1º.-Que o Concello de Baiona se acolla ó establecido no Decreto-lei aprobado o pasado venres 24 de Abril polo Consello de Ministros para poder obter financiación para o pago das facturas pendentes a provedores e acredores, fundamentalmente pymes e autónomos, e se podan satisfacer esas facturas en 30 días, o que suporía unha axuda e respiro a moitas de estas empresas nun curto espacio de tempo. Dacordo o resultado do exercicio económico 2008, existía un saldo pendente en facturas pendentes de máis de un millón (1.053.000) de euros, e de outro millón (1.017.000) de euros fora de presuposto. 2º.-Se libere remanente de tesourería do exercicio 2008, e se dote e se regule un “Fondo Anticrise Municipal” co fin de axudar as empresas e autónomos baioneses, e as familias con tódolos seus membros no desemprego. Investimentos Municipais creadores de emprego e unha política de axuda as familias e empresas serían os dous obxectivos primordiais dese “Fondo” Baiona 8 de Maio de 2009 Rafael Lores Rosal Voceiro Grupo Socialista
Baiona 8 de Maio de 2009Rafael Lores RosalVoceiro Grupo Socialista
Arquivo Adxunto:
Descargar
|

|
|