Home / O noso Concello / Baiona / O GOBERNO MUNICIPAL TEN ABANDOADO O ENTO
O GOBERNO MUNICIPAL TEN ABANDOADO O ENTORNO DA GARDERÍA INFANTIL
|
27/05/2008
A tres meses da teórica entrada en funcionamento da Gardería Municipal, nos atopamos con que as obras seguen sen rematarse e todo o seu entorno atopase igual de abandonado que o estivo sempre. A pesar das reiteradas queixas veciñais ó respecto da situación na que se atopa o entorno das edificacións existentes na calle Tomas Miralbell, e de que a situación de deterioro é manifesta, dende o goberno municipal non se toma ningunha medida para dar solución ó problema. Do mesmo xeito que na prestación doutros servicios o equipo de goberno descoida por completo as necesidades normais dos veciños e así nos atopamos na zona indicada con beirarrúas que se funden, silveiras que todo o invaden, camiños e zonas públicas intransitabeis a causa dos lameiros e malezas e unha total falla de medidas de seguridade, ademáis dunha deixadez absoluta en canto a limpeza e salubridade. Se todo isto xa e grave de por si, que ocurra nunha das zonas mais modernas do pobo e onde se pretende instalar a primeira gardería publica do concello, resulta todavía moito mais alarmante. Por outra banda non podemos deixar de recordar que o proxecto da gardería foi iniciado polo PSdeG-PSOE de Baiona no tempo en que se tivo a alcaldía, fai disto xa catro anos e pola ineficacia, deixadez e falta de capacidade de xestión dos gobernos posteriores do Sr. Almuiña. A dÍa de hoxe as obras continúan sen rematarse e o peor é que non se ve intención de telas rematadas para o mes de Septembro, mes para o cal dende o concello se lles di os interesados que estará en funcionamento. Dende o PSOE de Baiona esiximos do goberno municipal se xestione de forma eficaz a posta en marcha da gardería para o antes posible, así como o adecentamento e humanización do seu entorno. Non podemos esquecer que a zona vai ser un próximo escaparate do Pobo.
Arquivo Adxunto:
Descargar
|



|
|